Notas sobre a instalación

Requirimentos do sistema

Teclas de atallo

As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en OpenOffice.org son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en OpenOffice.org conforme se describe na Axuda, verifique se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións de teclas de OpenOffice.org. Para obter máis información, consulte a Axuda de OpenOffice.org ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.

Bloqueo de arquivos

O bloqueo de arquivos está activado por defecto en OpenOffice.org. Para o desactivar, ten que configurar correctamente as variables de contorno SAL_ENABLE_FILE_LOCKING=0 e exportar SAL_ENABLE_FILE_LOCKING. Estas entradas xa están deshabilitadas no ficheiro do script de StartOffice.

Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o contorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. De non o facer, OpenOffice.org ficará trabado sempre que tente abrir un ficheiro dun directorio montado por medio de NFS nun computador con Linux.

Rexistro

Cando instale o software, non deixe de completar o proceso mínimo de rexistro do produto. Aínda que o rexistro é opcional, animámolo a facelo, pois esa información permite á Comunidade desenvolver un software aínda mellor e atender directamente as necesidades do usuario. Coa política de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para salvagardar os seus datos persoais. Se non realizou o rexistro durante a instalación, poderá facelo en calquera momento en

Enquisa para o usuario

Hai tamén unha enquisa en liña para o usuario que lle pedimos que cubra. Os resultados axudarán a OpenOffice.org a establecer máis rapidamente novos estándares para a creación do paquete ofimático de próxima xeración. A través da súa politica de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para salvagardar os seus datos persoais.

Soporte para o usuario

Para obter axuda co paquete ofimático OpenOffice.org 3.0, procure nos arquivos as preguntas xa respondidas da lista de mensaxes 'users@openoffice.org' en www.openoffice.org/mail_list.html. Se o prefire, tamén pode enviar as súas dúbidas a users@openoffice.org. Lembre que debe inscribirse na lista para recibir unha resposta por correo electrónico.

Alén diso, consulte a sección de preguntas máis frecuentes (FAQ) enhttp://user-faq.openoffice.org/.

Informe de bugs e problemas

O sitio web de OpenOffice.org aloxa o IssueZilla, o noso mecanismo de xeración de informes, rastrexo e solución de bugs e problemas. Incentivamos os usuarios a que se sintan libres para redactaren informes acerca dos problemas que poidan xurdir na súa plataforma. O informe activo de problemas é unha das maiores contribucións que a comunidade de usuarios pode ofrecer para o desenvolvemento e mellora do conxunto dos programas.

Familiarización

A Comunidade OpenOffice.org sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.

Como usuario, vostede xa é unha parte valiosa do proceso de desenvolvemento do conxunto mais gustaríanos incentivalo a desempeñar un papel aínda máis activo como colaborador habitual da Comunidade. Asóciese e visite a páxina de usuario en: www.openoffice.org

Esperamos que aprecie traballar co novoOpenOffice.org 3.0 e que se xunte a nós en liña.

A comunidade de OpenOffice.org

Código fonte usado / modificado

Partes con Copyright 1998, 1999 James Clark. Partes con Copyright 1996, 1998 Netscape Communications Corporation.